Author Topic: Saúdos e primeiras preguntas: subgrupos e actividades  (Read 3004 times)

0 Members and 1 Guest are viewing this topic.

arivasm

  • Level 1
  • *
  • Posts: 6
    • View Profile
Saúdos e primeiras preguntas: subgrupos e actividades
« on: June 06, 2012, 12:48:11 PM »
Ola Marcos

Vexo que non hai moito movemento por aquí...

Dentro duns días vou facerme cargo da xefatura de estudos do meu instituto. Como son partidario do emprego do software libre quero facer uso de FET para a xeración do horario en setembro. Polo de agora estou facendo probas usando a situación actual do meu centro. Como emprego Ubuntu, probei a instalalo desde os repositorios, pero agora compileino desde a fonte que hai na páxina de descargas.

A miña primeira pregunta refírese a subgrupos e actividades. Poñerei un exemplo: en 1º de ESO teño dous grupos, 1ºR e 1ºS, cada un deles desdobrado en moitas das materias, pero non en todas, 1ºR1, 1ºR2, 1ºS1 e 1ºS2. Cando asigno actividades aos grupos entendo que nas desdobradas, por exemplo matemáticas, debo asignar un profesor a 1ºR1 outro a 1ºR2, etc., mentres que noutras (PIN, por exemplo) lles asigno un profesor para 1ºR.

A dúbida preséntaseme coa Relixión e as Actividades de estudo. Só temos uns poucos alumnos de Relixión de 1º de ESO, que se xuntan para ser atendidos polo mesmo profesor. Simultaneamente, tres profesores fanse cargo da Atención educativa, polo que o alumnado de 1ºR e 1ºS está distribuído en tres subgrupos (un con alumnado de 1ºR, outro con alumnado de 1ºS e outro con alumnado de 1ºR e 1ºS).

Por suposto, unha saída simple e poñer aos catro profesores como simultáneos dunha única materia para todo 1º de ESO. A miña pregunta non é tanto por este caso, como por saber que facer con outros parecidos que se me poidan presentar, especialmente no bacharelato.

¿Como debo reflectir iso nos grupos e subgrupos? Debo facer os subgrupos dun xeito máis dividido, tipo 1ºR1-rel, 1ºR1-AtEd1, 1ºR2-Rel, ... É dicir, ¿cada subgrupo debe corresponderse cunha soa combinación de matrícula do alumnado?

Por outra banda, vexo que xadehorarios exporta un gran número de subgrupos (ata agora usábase Kronowin e quizais sexa esa a causa -nunca usei un programa de horarios!-), tantos que de feito ao final optei por crealos eu, e por iso a miña pregunta.

Saúdos e moitas gracias.

marcos.filgueira

  • Moderator
  • Level 1
  • *****
  • Posts: 2
  • I Love Free Software!
    • View Profile
Re: Saúdos e primeiras preguntas: subgrupos e actividades
« Reply #1 on: September 26, 2012, 01:32:37 AM »
Ola!

Aínda que o fío é máis ben para o tema de traducción da ferramenta, penso que non haberá problema en tratar outros temas.

Sobre o que me comentas, logo de falalo co meu compañeiro Víctor, diríate que a recomendación oficial sería sempre facer subgrupos. Senón, aínda que a outra opción tamén sería válida, a única diferencia é que a sesión de relixión rexistraríase no XADE asociada só ao grupo (no horario só sairía a materia), mentres que seguindo a recomendación oficial estaría asociada ao grupo e ao subgrupo (neste caso no horario aparecería o nome da materia e o do subgrupo).

Agardamos terte aclarado algo!

Saúdos.

arivasm

  • Level 1
  • *
  • Posts: 6
    • View Profile
Re: Saúdos e primeiras preguntas: subgrupos e actividades
« Reply #2 on: September 26, 2012, 12:00:21 PM »
Gracias pola resposta, aínda que me chegara un chisco tarde!

Finalmente optei por que non iamos subir a Xade os resultados de FET con xadehorarios, co que tratei a Relixión/Alternativa como se fose unha soa materia impartida simultaneamente por varios profesores. Fixen tamén o mesmo con varias optativas minoritarias de bacharelato.

O problema que vin que xurdía ao tomar ata as últimas consecuencias a filosofía "subgrupo = conxunto de alumnado coa mesma matrícula" é que o número deles íase disparar moitísimo. Por exemplo, só en 3º de ESO, no que temos seccións bilingües en Bioloxía e en Música (non coincidentes e que tamén afecta ao Inglés), máis a Relixión/Alternativa, máis as tres optativas que se imparten finalmente, resulta en 2 (BX) x 2 (Mus) x 2 (Ing) x 2 (Rel/At) x 3 (opt) = 48 posibles subgrupos (para 52 alumnos).

Iso si, Xade castigounos (ao parecer igual que todos os anos) ao ter que "subir" a man os horarios (e o interface de Xade para iso é unha verdadeira tortura!) e definir os subgrupos Xade de alumnado, cuxa filosofía, por certo, non é mesma que a de FET, pois en FET os subgrupos son conxuntos disxuntos dous a dous, mentres que en Xade non hai tal restrición.

En calquera caso, o que comprobamos é que FET é realmente magnífico. Como xa contei noutro lugar do foro, "machacou" a Kronowin (manexado por outro compañeiro do equipo que xa tiña experiencia no seu uso) dun xeito humillante: FET facía cada 7 minutos o que Kronowin non era quen de facer nun par de días.

Rematarei co meu ofrecemento para axudar na tradución. Observei que algúns fragmentos mantéñense en inglés, e tamén algúns erros, como por exemplo cando se engade unha actividade sen alumnos e o cadro de confirmación fala de eliminar a actividade, en troques de engadila. Se necesitades xente, contade comigo (son moi malo redactando en inglés, pero penso que non o son traducíndoo).

Saúdos e, insisto, moitas gracias.