Gracias pola resposta, aínda que me chegara un chisco tarde!
Finalmente optei por que non iamos subir a Xade os resultados de FET con xadehorarios, co que tratei a Relixión/Alternativa como se fose unha soa materia impartida simultaneamente por varios profesores. Fixen tamén o mesmo con varias optativas minoritarias de bacharelato.
O problema que vin que xurdía ao tomar ata as últimas consecuencias a filosofía "subgrupo = conxunto de alumnado coa mesma matrícula" é que o número deles íase disparar moitísimo. Por exemplo, só en 3º de ESO, no que temos seccións bilingües en Bioloxía e en Música (non coincidentes e que tamén afecta ao Inglés), máis a Relixión/Alternativa, máis as tres optativas que se imparten finalmente, resulta en 2 (BX) x 2 (Mus) x 2 (Ing) x 2 (Rel/At) x 3 (opt) = 48 posibles subgrupos (para 52 alumnos).
Iso si, Xade castigounos (ao parecer igual que todos os anos) ao ter que "subir" a man os horarios (e o interface de Xade para iso é unha verdadeira tortura!) e definir os subgrupos Xade de alumnado, cuxa filosofía, por certo, non é mesma que a de FET, pois en FET os subgrupos son conxuntos disxuntos dous a dous, mentres que en Xade non hai tal restrición.
En calquera caso, o que comprobamos é que FET é realmente magnífico. Como xa contei noutro lugar do foro, "machacou" a Kronowin (manexado por outro compañeiro do equipo que xa tiña experiencia no seu uso) dun xeito humillante: FET facía cada 7 minutos o que Kronowin non era quen de facer nun par de días.
Rematarei co meu ofrecemento para axudar na tradución. Observei que algúns fragmentos mantéñense en inglés, e tamén algúns erros, como por exemplo cando se engade unha actividade sen alumnos e o cadro de confirmación fala de eliminar a actividade, en troques de engadila. Se necesitades xente, contade comigo (son moi malo redactando en inglés, pero penso que non o son traducíndoo).
Saúdos e, insisto, moitas gracias.